O alcalde de Narón xubílase e deixa o cargo o 23 deste mes

A actual tenente de alcalde, Marián Ferreiro, será elixida alcaldesa no mesmo pleno extraordinario.


|

Alcaldenarontenientealcalde

José Manuel Branco e Marián Ferreiro. Foto: Concello de Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Branco (TeGa), anunciou que o próximo 23 de setembro presentará o seu renuncia como rexedor, durante un pleno de carácter extraordinario.


Nese pleno tamén deixará a corporación municipal e presentará a súa renuncia á acta de concelleiro, nunha sesión na que está previsto que a actual primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, sexa elixida alcaldesa.


"Considero que é xusto onde había que chegar, tal e como xa anunciara no ano 2015, cando trasladei que serían as miñas últimas eleccións, unha decisión que teño moi meditada, é o momento da xubilación", asegurou nunha entrevista con Cope Ferrol. "Estou ben fisicamente e agora toca o procurar gozar un pouco da vida coa familia e gozar con cousas que non puiden facer estes anos", agrega.


Respecto da persoas que o substituirá no cargo, Marián Ferreiro, quíxolle trasladar "moita sorte", porque "o vai facer perfectamente, cun equipo moi novo". "Espero que a mocidade tome o poder e que dirixan o futuro de Narón", apunta.


"É momento de cambio, téñoo moi claro, hai moitísima xente nova moi ben preparada e con ánimos para levar a política do Concello de Narón e por iso marcho tranquilo e satisfeito", remarcou o rexedor naronés. "Os anos que me tocou vivir á fronte da Alcaldía foron difíciles, moi duros politicamente e economicamente, pero a cada un tócalle vivir no seu tempo".


BALANCE


O rexedor de Terra Galega tamén lembrou os anos que leva como representante público. "Primeiro con Martínez Aneiros e logo con Juan Gato", ao que sucedeu na Alcaldía.


Así, remarca que "foron 34 anos dedicados á política, cunha gran satisfacción con moitas cousas que se lograron conseguir e con outras que quedan pendentes", entre as que enumerou "o non conseguir que a Consellería de Educación se implicase no novo colexio para O Alto do Castaño".


"Continuarei en Terra Galega como un membro máis, e se me piden opinión, dareina, pero o que non penso facer é dar opinións sen que mas pidan", sentenciou.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE