España gaña o quinto partido do Eurobasket e Pau Gasol fai historia
(64-87). A vitoria sobre Hungría converte o pivote no máximo anotador de todos os tempos na competición.
Gasol, máximo anotador histórico do Eurobasket. Foto: FIBA
A selección española de baloncesto completou o seu pleno de vitorias na fase de grupos do Eurobasket despois de impoñerse este xoves en Hungría (64-87), un triunfo intranscendente a efectos clasificatorios pero memorable polo récord de Pau Gasol, que se converteu no máximo anotador na historia da competición.
O pivote de San Antonio Spurs necesitaba 14 puntos para conseguir a plusmarca e non esperou nin ao descanso para conseguilo, superando na lista o seu compañeiro de equipo Tony Parker.
Este foi o maior incentivo dun partido cómodo para España antes de disputar os oitavos de final o vindeiro domingo.
Sendo este o último EuroBasket que se celebra cada dous anos antes de que se transforme a ciclos de catro anos, parece case imposible que alguén supere o récord de Gasol.
Escribe o teu comentario