Clausurados cinco vertedoiros incontrolados nos montes de Padrón

Acumulaban sobre todo cascallos e residuos de construción. Agora está obstaculizado o paso a vehículos con remolque.


|

VertederoincontroladoCascallos nun vertedoiro incontrolado.


Un total de cinco vertedoiros incontrolados foron clausurados e desmantelados no municipio de Padrón por parte da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.


En concreto, recuperáronse zonas de valor ecolóxico en montes dos lugares da Ponte, Herbón, Ponte Herbón, Rial e Rimille, que suman preto de 1.000 metros cadrados.


Estas actuacións contaron cun orzamento de 31.000 euros e os traballos de limpeza lograron retirar máis de 400 metros cúbicos de desperdicios, como residuos de construción e demolición, residuos con amianto, plásticos, vidro ou mobiliario.


Do mesmo xeito, os lugares recuperados foron sinalizados e valados con grandes pedras, para así dificultar que vehículos con remolque poidan continuar realizando vertidos nas zonas.


"Ademais das fortes sancións económicas, na actualidade existen medios máis que suficientes, como os puntos limpos, para que ninguén teña que seguir utilizando o monte para desfacerse de residuos", sinalou o delegado da Xunta.


relacionada Localizan un vertedoiro ilegal nunha pista sen saída en Culleredo
relacionada O bordo dunha estrada de Carral converteuse nun vertedoiro incontrolado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE