Detido un atracador en Vilagarcía que entrou a un banco armado cun coitelo
A policía atrapouno preto da sucursal bancaria de Caixa Rural Galega.
Fotografía de arquivo dun atraco nun banco.
Un home foi detido na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa logo de atracar unha sucursal bancaria cunha arma branca, segundo informaron fontes da Policía Nacional.
O suceso tivo lugar na mañá deste venres nunha sucursal de Caixa Rural Galega situada na praza de España da vila arousá.
O home, de 44 anos de idade, ía armado cun arma branca e foi detido nas inmediacións do banco. A Policía Nacional de Vilagarcía instrúe as dilixencias.
Escribe o teu comentario