Outras 120 empresas galegas lanzáronse este ano a vender ao exterior

|

AutomocionfabricaA automoción perde peso nas exportacións.


Un total de 120 empresas galegas venderon por primeira vez ao exterior no primeiro semestre deste ano, este é un dos datos que destaca que o Foro Económico de Galicia do que considera seis meses "sobresalientes".


Así, o Barómetro Exportador do Foro Económico para o primeiro semestre recolle un desempeño exportador de Galicia por encima do conxunto de España, "o que reforza a demanda externa como motor de crecemento económico" da Comunidade.


No tocante a volume exportado, indica que a actividade máis dinámica segue sendo a confección, o que supón un 34% das exportacións españolas do sector. Con todo, a evolución de empresas que venden fóra neste campo "non está a ser tan positiva".


Pola súa banda, a automoción "segue sen recuperar o volume nominal exportado de hai dez anos", polo que continúa "perdendo peso exportador dentro do sector español", aínda que se observa a incorporación de máis de 50 novos exportadores respecto da primeira metade de 2016.

relacionada "Récord histórico" das exportacións galegas no primeiro semestre
relacionada As exportacións galegas dependen en gran medida do téxtil e a automoción

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress