A ONU ten "informes cribles" de torturas a manifestantes en Venezuela
Non conseguiron entrar no país, pero un documento dos seus enviados en Panamá sostén que "non foron casos illados".
A ONU di que "non foron casos illados".
A Oficina do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Dereito Humanos denunciou que as forzas de seguridade de Venezuela "maltrataron" e "torturaron" de forma "xeneralizada e sistemática" a manifestantes e detidos.
"Recibimos informes cribles de trato cruel inhumano e degradante por parte das forzas de seguridade aos detidos, que poderían ser definidos en varios casos como tortura", asegurou a portavoz da Oficina, Ravina Shamdasani, en rolda de prensa ao agregar que "estes non foron casos illados".
Shamdasani explicou que tras tentar en balde que un equipo de investigadores puidesen ter acceso ao país para poder pesquisar in situ sobre o que está a ocorrer, o alto comisionado para os Dereitos Humanos, Zeid Ra'ad Al Hussein, decidiu enviar a Panamá un grupo de expertos que fixeron o seu traballo a distancia.
Escribe o teu comentario