Os mortos en accidente de tráfico baixaron a menos da metade este mes de xullo

As estradas galegas rexistraron 5 falecidos, fronte aos 14 de ano pasado. Desde xaneiro son 15 falecidos menos.


|

Accidentecarreterabomberos47 persoas falecidas en accidentes estes 7 meses.

O número de accidentes con vítimas mortais nas estradas galegas descendeu un 64,3 por cento en xullo respecto ao mesmo mes do pasado ano, cando se rexistraron 14 vítimas polas cinco de 2017.


Segundo datos da DXT publicados este luns, o número de accidentes que se saldaron con mortos en Galicia en xullo foron nove menos que no mesmo mes de 2016.


No que vai de ano, as estradas de Galicia cobraron 47 vidas, un 24 por cento menos que en 2016, cando faleceron en sinistros 62 persoas.


Por provincias, Ourense e A Coruña rexistraron catro mortes --dúas cada unha-- e Pontevedra unha durante xullo, mentres que nas vías luguesas non se produciu ningún falecido por accidente de circulación.


As colisións e as saídas de vía foron os sinistros que cobraron máis vidas, 4. O outro falecido produciuse por un envorco de vehículo na provincia de Ourense.


Por idades, dous dos mortos tiñan menos de 25, outros dous eran de idades comprendidas entre 46 e 55 anos e un entre 36 e 45.

relacionada Xuño, o mes con máis accidentes mortais nas estradas galegas
relacionada A DXT trata de que nos afagamos a levantar o pé do acelerador
relacionada Tráfico estuda endurecer as medidas a condutores noveis para reducir a sinistralidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE