Xuño, o mes con máis accidentes mortais nas estradas galegas
A pesar dos datos negativos deste mes, no que vai de ano Galicia rexistrou menos sinistros e menos falecidos que o anterior.
Xuño é o mes con maior número de accidentes mortais en vías interurbanas en Galicia, ao rexistrase 12 vítimas, tal e como recolle un comunicado da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Así, as provincias de Lugo e Pontevedra rexistraron no sexto mes do ano tres accidentes cada unha; mentres que na Coruña e Ourense tiveron lugar dous en cada unha.
Un total de 10 accidentes que superan os números do mesmo mes do pasado ano. E é que en xuño de 2016 producíronse en total nove accidentes e rexistráronse 10 vítimas mortais, dúas menos que en 2017.
En canto aos tipos de accidentes, as colisións foron as que maior número de vítimas mortais cobraron, cun total de seis, seguidas polas saídas de vía e os vuelcos.
DATOS POSITIVOS
A pesar dos datos negativos cos que finalizou o mes de xuño, no que vai de ano Galicia rexistra unha redución do 17,4 por cento no número de accidentes. Así, mentres que entre xaneiro e xuño de 2016 rexistráronse 46 sinistros, no mesmo período do ano 2017 producíronse 38.
Ademais, reducíronse o número de vítimas mortais nun 10,4 por cento, cun total de 43 vítimas en 2017, cinco menos que no mesmo período do ano anterior.
Escribe o teu comentario