Non haberá pleno extraordinario no Parlamento polo traspaso da AP-9

O PP válese da súa maioría para rexeitar a proposta presentada por toda a oposición e que non ve urxente.


|

AutopistacarreteraO PPdeG xustifica que esas cuestións "xa foron tratadas".


A Deputación Permanente rexeitou celebrar un pleno extraordinario na Cámara galega. A proposta, presentada polos tres grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG--, foi tombada cos votos en contra dos representantes do PPdeG.


Este venres reuniuse este órgano coa convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria no mes de agosto na orde do día a iniciativa dos grupos da oposición, que solicitaban a comparecencia Núñez Feijóo para ofrecer explicacións sobre o estado da lei de transferencia da AP-9, o novo plan de transporte por terra e a entrada en vigor de Lei de Inclusión Social.


Os doce votos dos representantes do grupo popular impediron que a proposta saíse adiante, xa que, como explicou o seu portavoz, Pedro Puy, as cuestións expostas pola oposición "xa foron tratadas" en anteriores plenos e non son asuntos de urxencia que xustifiquen a convocatoria dunha sesión extraordinaria.

relacionada A oposición pide un pleno extraordinario sobre o traspaso da AP-9
relacionada Rajoy anuncia obras millonarias en estradas mentres bloquea o traspaso da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE