A prisión sen fianza o detido por apuñalar a súa ex parella en Santiago

A vítima segue ingresada na Unidade de Críticos en situación estable dentro da gravidade polas preto de 20 puñaladas recibidas.


|

JuzgadosvigofurgonpoliciaO detido foi trasladado aos xulgados.


O home detido por supostamente apuñalar no centro de Santiago a súa ex parella foi foi enviado a prisión provisional, comunicada e sen fianza, tras comparecer ante o xuíz, que decretou estas medidas cautelares.


Así o confirmaron fontes xudiciais despois de que o detido pasara na mañá deste mércores a disposición xudicial nos xulgados de Fontiñas.



Agresor e vítima, de 21 anos de idade, foran parella durante dous anos e deixaran a relación había dous meses, segundo explicou ás autoridades unha cuñada da moza atacada que a acompañaba no momento dos feitos.


A investigación pola brutal agresión ocorrida a plena luz do día nas proximidades do aparcadoiro de San Clemente, na capital galega, está en mans da Policía Nacional.


Pola súa banda, a moza apuñalada está ingresada na Unidade de Críticos do Hospital Clínico de Santiago estable dentro da gravidade. Tras ser intervida das numerosas feridas que recibiu a plena luz do día en cara, peito, brazos, abdome e perna, presenta prognóstico reservado.

relacionada Detido un mozo por apuñalar a súa ex noiva de 21 anos en Santiago
relacionada Unha axente de paisano freou a agresión machista de Compostela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE