Detida unha muller en Ourense que ameazou a outra cunha pistola
A arma estaba descargada, pero provocou á vítima tal estado que tivo que ser trasladada a un centro médico.
A arma estaba descargada.
Axentes da Policía Nacional detiveron en Ourense a unha muller como presunta autora dun delito de ameazas graves con arma de fogo simulada a unha das súas veciñas, segundo comunicou a Dirección Xeral da Policía nunha nota de prensa.
Os axentes detiveron a unha muller de 30 anos de idade, natural de Ourense, tras ameazar a unha veciña cunha "arma curta, tipo pistola" que tiña o cargador baleiro. A vítima tivo que ser trasladada a un centro médico ao "presentar un estado alto de nerviosismo".
Os feitos tiveron lugar por mor dunha "discusión forte" entre ambas o pasado 19 de xullo, tras o cal a ameazada decidiu chamar a un amigo para que a acompañase a comisaría a poñer unha denuncia.
Esta muller abandonou a súa vivenda en compañía dun amigo e a súa filla de oito anos. A detida apareceu no descansillo do edificio e ameazounos e encañonó coa arma, o que provocou que se volvesen a meter no domicilio e chamasen ao 091.
Cando os axentes chegaron ao lugar dos feitos, atopáronse a unha muller "moi alterada" que desde o seu balcón gritaba que fora ameazada pola súa veciña, de quen os axentes escoitaron novas ameazas e a quen detivo tras visualizar no seu salón unha maleta que contiña a arma.
A detida quedou en liberdade en dependencias policiais por orde do xulgado de garda, ao carecer de detencións anteriores a pesar de ser, en palabras da denunciante, unha persoa "moi conflitiva".
Escribe o teu comentario