Deteñen a Villar e o seu fillo nun operativo contra a corrupción na Federación de Fútbol
A Garda Civil desenvolve a operación desde primeira hora da mañá. Están previstos máis arrestos na cúpula.
Ángel María Villar foi reelixido hai menos de dous meses.
A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil desenvolve un operativo por corrupción na Real Federación Española de Fútbol. Á primeira hora da mañá foran detidos o presidente da Federación, Ángel María Villar, reelixido hai menos de dous meses, así como o seu fillo Gorka, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.
A investigación coordínase co titular do Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz e inclúe rexistros. Segundo as mesmas fontes, está previsto tamén o arresto doutros membros da cúpula da federación, entre eles o vicepresidente económico.
Os axentes estarían a buscar evidencias de presuntos delitos de corrupción entre particulares, falsidade, administración desleal e apropiación indebida.
Escribe o teu comentario