A 'Operación Lezo' dispara a preocupación pola corrupción, segundo o CIS

Entre abril e maio, a porcentaxe de quen menciona a corrupción entre os principais problemas de España creceu máis de 12 puntos | Sobe tamén a inquietude que xera o paro


|

Ignaciogonzalezesperanzaaguirre


A preocupación dos españois pola corrupción disparouse o pasado mes de maio, tras o estalido da 'Operación Lezo' que se iniciou coa detención do expresidente da Comunidad de Madrid Ignacio González a finais de abril. Este fenómeno é citado como un problema no 54,3% dos cuestionarios cos que o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) realizou o seu barómetro de maio, situando así a inquietude pola corrupción en niveis similares aos que alcanzou en xaneiro de 2015.


En concreto, entre abril e maio, a porcentaxe de quen menciona a corrupción entre os principais problemas de España creceu 12,3 puntos, e tamén subiu a inquietude que xera o paro, que pasou do 69,6% de abril --o seu mínimo dos últimos anos-- ao 71,4%.


HERNANDO: "É LÓXICO"


O portavoz do Grupo Popular no Congreso, Rafael Hernando, asegurou este martes que é "lóxico" que na última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) subise a preocupación dos cidadáns pola corrupción, xa que, segundo dixo, afectou a todos os partidos políticos.


"É lóxico que haxa preocupación pola corrupción. A corrupción afectou ao conxunto das formacións políticas", afirmou Hernando nunha rolda de prensa no Congreso tras a reunión da Xunta de Portavoces.


Dito isto, recalcou que "agora" hai un sistema legal que permite "descubrir casos que non se descubrían antes" e "o que a fai págaa", á vez que vai recuperar "ata o último céntimo do que algúns levados pola cobiza" roubaron.

relacionada CIS | O PP segue á cabeza pero baixando e o PSOE recupera a segunda posición

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE