A Marcha Branca denuncia cifras récord de camas pechadas en Galicia

|

HospitalcamasÉ o problema "de todos os anos" no Sergas.


A 26ª Marcha Branca volveu ás rúas da Coruña para denunciar o problema "de todos os anos": o peche de camas nos servizos hospitalarios do Sergas, que este ano, segundo a plataforma, alcanza un dos seus máis altos niveis.


Varias decenas de persoas concentráronse este domingo no Obelisco da cidade herculina. Así, a plataforma alertou ante o "peche de 140 camas no CHUAC e 50 no Hospital Abente e Lago da Coruña", ao que hai que sumar "a perda de pediatras nas provincias de Ourense e Lugo" durante os meses de verán.


Ademais, afeou que o Sergas aínda non publicase os datos das listas de espera do mes de xuño que, como lembrou, "xa tiñan que estar presentadas".


Así mesmo, aseguran que a plataforma ten coñecemento de varios casos de pacientes que levan meses esperando a ser chamados para someterse a probas.


Como indican, estas persoas "non están en ningunha lista de espera", polo que o volume de demandantes é "maior" que os datos oficiais.


A continuación, Rodríguez avanzou que o vindeiro mércores, representantes da plataforma manterán un encontro cos grupos parlamentarios para trasladarlles as 38 reivindicacións da Marea Branca a nivel estatal.

relacionada As urxencias do CHUAC, as primeiras en colpsar polo peche de camas
relacionada "Entre o 15 e o 20%" das camas do Sergas estarán pechadas este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress