"Entre o 15 e o 20%" das camas do Sergas estarán pechadas este verán

Almuiña di que en todo caso as camas estarán "listas e preparadas" para ser utilizadas en caso de ser necesario.


|

Camahospital


"Entre o 15 e o 20 por cento" das camas dos hospitais públicos galegos "non terán persoal asignado" este verán, polo que estarán pechadas. Indicouno nunha entrevista na Cadena Ser o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.


En caso necesario, engadiu, as camas estarán "listas e preparadas" para ser utilizadas. É máis, asegurou que este ano haberá máis actividade en áreas sanitarias como as de Santiago e Vigo para rebaixar as cifras de pacientes en lista de espera.


En relación á investigación xudicial sobre a morte de seis enfermos de hepatite C, o conselleiro defendeu os dous altos cargos do Servizo Galego de Saúde investigados, Félix Rubial e Carolina Gómez-Criado. E é que, ao seu xuízo, traballaron "a un alto nivel de responsabilidade e eficiencia".


En concreto, o titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago citou a declarar este mércores 14 de xuño, en calidade de testemuñas, ás xefas de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), María Jesús Lamas Díaz e María Isabel Martín Herranz, respectivamente, no marco da causa aberta pola subministración de tratamentos da Hepatite C.


1.600 PRAZAS


Doutra banda, Almuiña indicou que a Xunta confía en poder sacar a concurso 1.600 prazas "unha vez que se aproben os Orzamentos Xerais do Estado" e, a partir de aí, cada ano ir aumentando o persoal.


A continuación, destacou que esta OPE foi un "esforzo moi importante da Consellería de Sanidade e da Xunta de Galicia, que noutras autonomías aínda non se fixo". O Goberno galego, engadiu, pretende convocar oposicións periodicamente, se é posible todos os anos, aínda que non se comprometeu a manter o volume de prazas.


Respecto da financiamento público-privado utilizada para o hospital de Vigo, o titular de Sanidade alega que é "unha fórmula que procede da normativa europea" á que a Xunta recorreu en momentos de crises. Non descarta volver recorrer a este sistema en caso necesario: "Non está sobre a mesa para os proxectos que temos inmediatos".

relacionada As xefas de Farmacia do CHUS e CHUAC declararán como testemuñas no caso da Hepatite C
relacionada Pacientes do CHUS denuncian o peche este verán de 171 camas na área compostelá

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE