Tres cineastas galegos presentan as súas curtas en Vila do Conde

Compiten neste escaparate portugués de cinema experimental xunto a soados nomes do cinema de vangarda.


|

FAJRloispatinhoImaxe de 'Fajr', de Lois Patiño. 


Os cineastas galegos Lois Patiño, co seu documental 'Fajr', así como Helena Girón e Samuel Delgado, con 'Montañas ardientes que vomitan fuego', participarán na XXV edición do Festival Vila do Conde, en Portugal.


O festival xa se inaugurou o pasado sábado día 8, coa película do finlandés Aki Kaurismäki 'O outro lado da esperanza' e dedicará, ademais, unha retrospectiva ao realizador francés F. J. Ossang.


MontanhascortoFotograma de 'Montañas ardentes que vomitan lume'.


Á cita, que dura ata o este domingo 16, acudirán outros nomes da escena española como Laura Farrés, que presenta 'Los desheredados', ou Velasco Broca, con 'Nuestra amiga la luna'.


Os tres galegos competirán neste escaparate de cinema experimental xunto a soados nomes do cinema de vangarda como os norteamericanos Ken Jacobs, Bill Morrison ou Vivian Ostrovsky.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE