A Xunta, obrigada a subir a oferta para non quedar sen helicópteros de salvamento
En 2012 Feijóo vendeu os apartos que tiña en propiedade. O último concurso quedou deserto e agora hai que pagar 7 millóns máis.
Helicóptero de Salvamento Marítimo.
O Goberno galego voveu sacar a concurso a licitación de dous helicópteros para vixilancia, loita contra a contaminación e salvamento martímito e elevou o importe do concurso, cunha vixencia inicial de catro anos, a case 33 millóns de euros para este período.
Este paso chega despois de que o anterior concurso --con importe exposto inicialmente de 26 millóns-- fose declarado deserto. Alberto Núñez Feijóo defendeu que espera unha boa recepción cara ao novo concurso, unha vez que se realizou unha consulta pública as empresas.
A empresa que resulte adxudicataria prestará o mesmo servizo de salvamento marítimo a través de medios aéreos que se desenvolve en Galicia desde 1990, garantindo a cobertura no litoral galego os 365 días do ano, as 24 horas do día e cun tempo máximo de dez minutos.
Este novo contrato entrará en vigor o próximo 1 de novembro, xa que o actual aínda está vixente ata o 31 de outubro.
Entre as novidades introducidas no concurso, resaltou que, respecto do actual contrato en vigor, recolle a obrigatoriedade de contar con 20 pilotos para atender o servizo aéreo de gardacostas, fronte aos 18 que se esixen na actualidade. Así, dispoñerase de dous pilotos máis a partir de novembro.
HELICÓPTEROS VENDIDOS
Preguntado acerca de se se arrepinte de vender en 2012 dous helicópteros, unha decisión cuestionada polo Consello de Contas, Feijóo replicou que foi "unha solución correcta".
"Os novos, novos son", recalcou o presidente, partidario de "contratar sempre os helicópteros que estean de acordo co servizo que se necesita en cada momento".
Escribe o teu comentario