Os mellores estudantes galegos decídense polos dobres graos científicos

As carreiras cunha nota de referencia máis elevada de Galicia están na USC e son as de Matemáticas con Física ou con Informática.


|

EstudiantesaulaAs carreiras dobres de STEM son as que esixen maior nota.


As carreiras que presentan unha maior nota de referencia nas tres universidades galegas son o dobre grao de Matemáticas con Física e o de Enxeñería Informática e Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, nas cales os alumnos deben obter unha media de 13,466 e 13,226 puntos, respectivamente para poder cursar estes estudos.


O Campus de Santiago de Compostela é o que presenta unhas notas de referencia máis elevadas, segundo a listaxe feita pública pola Comisión Interuniversitaria de Galicia, posto que conta cun total de 16 titulacións que superan notas de 10 puntos.


As seguintes carreiras da USC con maior puntuación esixida son o dobre grao en Comunicación Audiovisual e Xornalismo, que en principio conta cunha nota de referencia de 12,942; seguida de Medicina, con 12,575; os dobres graos de Química e Física, con 12,390 , e de Química e Bioloxía, con 12,296; así como Odontoloxía, con 12,15.


No Campus de Lugo, a cualificación máis elevada corresponde a Veterinaria, con 11,066, seguida do grao de Mestre en Educación Infantil e Educación Primaria, con 10,68.


Na Universidade da Coruña, as notas medias máis altas son o dobre grao de Bioloxía e Química, cun 11,95 e o de ADE e Dereito, cun 11,086. No campus de Ferrol, Enfermería cun 9,7 é a máis elevada.


Pola súa banda, na Universidade de Vigo, a puntuación superior volve presentar Tradución e Interpretación Español-Inglés, con 11,812, seguida de ADE-Dereito, con 10,95, mentres que no seu Campus de Ourense, Enxeñería Aeroespacial esixe unha cualificación de 11,78 e no de Pontevedra, para acceder a Fisioterapia pártese dunha nota de 10,806.


MATRÍCULAS


Estas notas feitas públicas pola CIUG constitúen unha referencia, dado que a nota de corte establécese cando se peche matrícula. O último alumno matriculado dunha carreira é o que marca a nota de corte.


O primeiro prazo de matrícula estará aberto ata o día 14. En total, hai oito convocatorias para matricularse nas universidades galegas.


A preasignación de prazas quedará resolta para tres destes prazos no mes de xullo, onde a CIUG espera que xa quede matriculado unha porcentaxe "moi alta" de estudantes, que podería alcanzar o 80%. Posteriormente, haberá outros tres prazos en setembro e finalmente, outros dous en outubro.

relacionada O Campus de Lugo promociónase con descontos do 50% na matrícula de 10 titulacións
relacionada Educación propón ás universidades adiantar a 'selectividade' a xullo
relacionada Un ránking sitúa a Universidade de Santiago entre as cinco mellores españolas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE