David Oubel non cumprirá a súa condena nun cárcere galego

Institucións Penitenciarias teme as ameazas de morte por parte doutros reclusos que o parricida de Moraña sufriu na Lama.


|

ParricidamoranajuicioO parricida de Moraña, durante o xuízo.

David Oubel, o primeiro condenado a prisión permanente revisable de España polo asasinato das súas fillas en Moraña en 2015, cumprirá a súa pena a centos de quilómetros de onde cometeu o crime.


A intención de Institucións Penitenciarias, que apuntan varios medios de comunicación, é trasladalo canto antes de volta á prisión leonesa de Mansilla de las Mulas, a uns 360 quilómetros da súa casa. Alí estivo en prisión provisional case todo o tempo desde que foi detido.


O seu traslado desde A Lama, onde permaneceu recluído para asistir ao xuízo, está motivado polas ameazas de morte que sufriu o parricida apenas días despois de ser arrestado en 2015.


No penal leonés, por orde da dirección, estivo todo este tempo no módulo de enfermería. Segundo os medios locais, Oubel integrouse con "normalidade" entre os reclusos, aínda que quen convive con el sinalan a falta de empatía e a frialdade que demostrou durante o xuízo.

relacionada O parricida de Moraña, condenado a prisión permanente revisable
relacionada O parricida de Moraña recoñece o crime e mostra o seu arrepentimento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE