Último intento do Boiro para manterse na Segunda B

Unha débeda cos xogadores pode custarlle a praza ao equipo barbancés, aínda que a directiva alega ser vítima dunha estafa.


|

Cdboiro

Imaxe dun encontro. Foto: facebook CD Boiro


O Club Deportivo Boiro pelexa ata última hora para non perder a súa praza na categoría de bronce do fútbol español. Esta mañá pagou a débeda de 94.000 euros que mantiña cos xogadores e remitiu documentación para xustificar a súa situación. O club presentou unha denuncia por presunta estafa contra un grupo que pretendía investir na entidade e que provocou, segundo a súa versión, que non puidesen pagar a tempo.


Os futbolistas, pola súa banda, tal e como apunta a CRTVG, retiraron a súa denuncia pola que reclamaban os atrasos.


Mentres a comisión que avalía o caso e a documentación remitida polo club non decide, desde a Federación Galega de Fútbol darán a coñecer en breve a cifra exacta que custa a praza do Boiro tras o seu descenso e tratan de que sexa para un equipo galego. Cerceda, Bergantiños, Somozas, Vilalbés e Arousa son os primeiros candidatos. A todos eles ofreceráselles por esa orde a praza.


O presidente da Federación, Rafael Louzán, recoñece que "lle debemos dar unha marxe, pero non moi longa, porque aquí os prazos son moi curtos". Así, deixa en mans dos clubs "a análise de se son capaces de obter esa cantidade económica e a partir de aí tomar unha decisión".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE