A estiba logra un acordo coa patronal e desconvoca todos os paros nos portos

O fin do conflito do sector chega máis de catro meses despois de que o Goberno emprendese a liberalización da estiba. 


|

Cargapuertoestibadores 1


Os sindicatos de estibadores e a patronal Anesco lograron un acordo sobre as liñas básicas para negociar o novo convenio tras a reforma do sector aprobada polo Goberno, co que desconvocaron os paros que aínda estaban programados nos portos para esta semana e a seguinte.


Así o anunciou Antolín Goya, dirixente de Coordinadora de Traballadores do Mar, principal sindicato do gremio, ao termo da reunión mantida este xoves coa parte empresarial.


En virtude do acordo, os sindicatos (Coordinadora, UXT, CCOO, CXT e CIG) comprométense a desconvocar os paros e garantir estabilidade nos portos mentres se negocia o convenio e as empresas, a subrogar os traballadores.


Desta forma, quedan desconvocados os paros parciais aínda previstos para mañá venres, 30 de xuño, e os dous paros de 48 horas da próxima semana (entre o 3 e o 5 de xullo e entre o os días 6 e 8).


Con este acordo ponse en principio fin a un conflito que se estendía xa máis de catro meses desde que a comezos de febreiro o Goberno emprendeu a reforma do réxime legal da estiba, co fin de liberalizarlo e adecualo á normativa europea para evitar unha sanción.


Con todo, unha vez aprobada a reforma legal en maio, o conflito trasladouse ao ámbito da negociación colectiva, para redactar un novo convenio, e o pasado 5 de xuño desembocou na convocatoria de paros nos portos, que se estenderon así case un mes e, segundo o Ministerio de Fomento, causaron perdas duns 150 millóns de euros.

relacionada Os estibadores desconvocan os paros deste xoves nos portos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE