Achégase un temporal costeiro de nivel laranxa a Galicia
Haberá ventos do oeste de forza 7 a 8, e mar grosa e mar combinada do noroeste no litoral lucense e coruñés.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta informou dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará este mércores ao litoral das provincias da Coruña e Lugo.
En concreto, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), haberá ventos do oeste de forza 7 a 8, e mar grosa e mar combinada do noroeste no litoral da provincia de Lugo e no noroeste da provincia de A Coruña.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Xunta trasladou a a situación aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
Tamén se lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección, como evitar aproximarse a diques co fin de previr un eventual golpe de mar ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.
Escribe o teu comentario