Desinflan as rodas dunha decena de autobuses na estación de Ourense
As empresas cuxos vehículos se viron afectados son Monbus, Alcer, Arriva e Abel González.
Ata once autobuses estacionados na terminal de Ourense ou que facían a súa chegada a esta localidade en cumprimento dos servizos mínimos nesta nova xornada de folga sufriron o desinflado das súas rodas.
Fontes da estación de buses ourensá informaron a Europa Press de que, en concreto, as empresas cuxos vehículos se viron afectados son Monbus (6), Alcer (2), Arriva (2) e Abel González (1).
En calquera caso, as mesmas fontes apuntan que o desinflado, que no caso dos autobuses de Alcer produciuse á súa chegada de Piñor e Santo Tomei e tras baixarse os usuarios, non implicou ningún altercado.
Escribe o teu comentario