Falece o motorista que sufriu un accidente grave en Vilagarcía


|

Accidentegeneral


Un motorista resultou falecido a última hora deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.


Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 23,20 horas na PO-548, á altura de Bamio, onde chocaron unha moto e un coche. O motorista foi evacuado en estado moi grave, aínda que finalmente faleceu.


Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Salnés, Servizo Municipal de Emerxencias, Policía Local e Protección Civil. Tamén foi desprazada unha ambulancia do 061, que trasladou á vítima a un centro hospitalario, onde só puideron certificar o seu falecemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE