Morre un home na Estrada ao caer polas escaleiras da súa casa
Os feitos tiveron lugar nunha vivenda de Vilagude, na parroquia de Moreira.
Un home de 64 anos faleceu este domingo pola mañá na Estrada (Pontevedra) tras caer polas escaleiras da súa casa. Os feitos tiveron lugar nunha vivenda de Vilagude, na parroquia de Moreira.
Foi a muller da vítima a que atopou o corpo do home, nun charco de sangue, tal e como indicou o CAE 112 Galicia nun comunicado.
Urxencias Médicas informou ao CAE 112 Galicia ás 9:20 horas deste domingo. Pola súa banda, o 112 alertou á Garda Civil, que enviou unha patrulla ata o lugar do accidente.
Escribe o teu comentario