O BNG pide explicacións á Xunta sobre o paradoiro de 16,5 millóns para formación

Os fondos para estes programas, de carácter finalista, son repartidos polo Goberno central e corresponde á Xunta a súa distribución. 


|

Montsepradobng


O BNG instou á Xunta a ofrecer explicacións sobre "onde están" os 16,5 millóns de euros transferidos polo Estado para desenvolver programas de formación continua a traballadores, logo de que non fosen convocados nos períodos 2015/16 e 2016/17.


A través dun comunicado emitido este domingo, a deputada nacionalista Montse Pardo avanzou a presentación dunha batería de preguntas na Cámara galega para preguntar ao Executivo autonómico sobre estes programas.


"A Xunta saltou dúas convocatorias de formación continua, 2015-2016 e 2016-2017, tendo en conta que os fondos son finalistas e que constan as transferencias, é preciso aclarar que se fixo con eses fondos, onde foron a parar", interpelou a portavoz parlamentaria de emprego da formación frontista.


Así, o BNG lembra que, acorde coas partidas dos orzamentos autonómicos e xerais, a Xunta recibiu case 26 millóns de euros para o período 2015-17 en materia de formación ocupacional.


Con todo, denuncian que o Goberno galego "non executou nin un só euro" en "ningunha" das dúas anualidades a pesar de que o Estado transferiu 8,6 millóns de euros en 2015 e 8,8 millóns en 2016.


Así mesmo, Pardo criticou que "a esta altura tampouco se sabe nada" da transferencia para 2017, estimada "en 8,5 millóns de euros", xa que "aínda non se publicou ningunha convocatoria".


PROPAGANDA DO GOBERNO DE FEIJÓO


"Mentres o Goberno do PP de Feijóo dedica enerxía a facer propaganda sobre a importancia da formación para mellorar a competencia das empresas, van tres anualidades sen que realice as convocatorias de axudas para o financiamento de plans de formación das persoas traballadoras ocupadas", manifestou.


Así as cousas, a deputada lembra que estes programas responden á intención de "anticipar e proporcionar respostas efectivas ás necesidades de formación e recualificación" dos traballadores "nun mercado laboral cambiante"


O Ministerio de Emprego é o encargado de repartir estes fondos "de carácter finalista" cuxa distribución, en Galicia, corresponde á Xunta. Ademais, os nacionalistas alertan que as entidades encargadas de desenvolver estes programas "ven obrigadas" a adiantar o custo dos cursos, "o que está a provocar a desaparición de moitas".


Para o Bloque, "a falta de execución e o atraso nas convocatorias á formación supón un grave prexuízo para as persoas ocupadas", xa que "dificulta as súas posibilidades de seguir cualificándose para manter ou o seu emprego ou para mellorar a súa situación laboral".

relacionada Báñez anuncia unha axuda mensual para 'ninis' de 430 euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE