Anpas galegas piden que a separación de xemelgos nas aulas se valore "individualmente"

A confederación asegura que esta decisión recae en cada centro, xa que non existe unha política definida por parte da Consellaría de Educación.


|

Xemelgos2


A Confederación de Anpas galegas trasladou ao Valedor do Pobo a petición de que a separación de xemelgos e mellizos nas aulas sexa valorada "en cada caso individualmente", xa que, na actualidade, son os centros educativos quen decide se os irmáns comparten clase ou son separados.


Este venres, o vicepresidente de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, e Lida Feáns, nai de xemelgas que asisten ao colexio Lois Tobío de Viveiro (Lugo), mantiveron un encontro coa valedora de Pobo, Milagros Otero.


Antes, en declaracións aos medios, chamaron a conseguir que xemelgos e mellizos non sexan separados nas aulas a diario, senón que cada caso sexa valorado dunha forma "concreta" atendendo a "se é beneficioso" ou "non" para os nenos.


Feáns manifestou que as súas fillas, que asisten a un centro cunha política de separar aos xemelgos, "non entenden por que están separadas" e "tómano coma se fose castigo".


BASEADA NA "LENDA"


Así, Lacaci indicou que a decisión de separar ou manter na mesma clase aos irmáns de partos múltiples recae en cada centro, xa que non existe unha política definida por parte da Consellería de Educación.


Deste xeito, denuncia que a segregación de xemelgos baséase "na lenda que di que é positivo favorecer a individualidade" dos irmáns. "Será positivo nalgúns casos, outros non", apostilou.


Por iso, pediu que sexa respectada "a individualidade" de cada persoa, polo que non reclaman "a unidade sistemática", senón que a característica de ser xemelgos sexa valorado "como un enriquecemento e non como unha traba no seu desenvolvemento vital".

1 Comentarios

1

Sen embargo, ao alumnado q ven dunha mesma escola infantil. ...a eses si que hai q xuntalos.... Penso q tiña q haber unha lei q dite q os irmáns NON se separan, salvo en casos concretos consensuados entre centro e familia.

escrito por Nai 23/Xuñ/17    21:42 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE