O BNG pedirá aos edís de Monforte díscolos que devolvan as súas actas

|

Concellomonforte


O responsable comarcal do BNG-Lemos, Ricardo Rodicio, explicou que Consello Comarcal da formación nacionalista acordou dirixirse á "executiva nacional" para que lles solicite aos catro edís de Monforte díscolos que devolvan a súa acta tras deixar a formación.


En concreto, catro dos cinco concelleiros do Bloque neste municipio lucense, incluída a que fora candidata á Alcaldía Pilar López, decidiron abandonar a formación tras as discrepancias xurdidas coa dirección local do BNG sobre a utilidade que se lle quere dar ao Hotel Comercio.


"O Consello Comarcal do BNG da comarca Lugo-Sur decidiu dirixirse á executiva nacional para que lles solicite a estes catro concelleiros por escrito e formalmente as actas. Entendemos que as actas pertencen á organización política pola que se presentaron", sinalou Rodicio.


Tras pedir a baixa da formación, o BNG queda cun edil na corporación municipal, na que os catro concelleiros díscolos figurarán como "non adscritos".


Con todo, o dirixente nacionalista expresou a súa "confianza" en que entreguen a acta. "Os que imos nas listas do BNG asinamos un compromiso de aceptación de candidaturas no que nos comprometemos, asinámolo -recalca-, a cumprir os principios políticos e éticos da organización". "Eu non dubido da súa lealdade, da súa conciencia e compromiso", subliñou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress