Fenosa inviste 735.000 euros en mellorar a rede eléctrica en municipios de Ourense e Lugo

|

53861c13cbfenosa


Unión Fenosa Distribución investiu máis de 735.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en media e baixa tensión en diferentes municipios das provincias de Ourense e Lugo.


En concreto, realizaranse en O Carballiño, San Cibrao das Viñas e Toén, na provincia de Ourense, e no municipio de Baralla, na provincia lucense.


Prevese que as actuacións beneficiarán a máis de 1.860 fogares e están incluídas no Plan de investimentos que Unión Fenosa Distribución está a executar este ano para mellorar a calidade do servizo que presta aos seus clientes.


O obxectivo destas iniciativas é potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais onde é necesario mellorar a calidade do servizo, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios e a mellora das súas condicións de vida.

relacionada Gas Natural Fenosa e Cáritas alíanse para loitar contra a vulnerabilidade enerxética

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress