As queimas agrícolas e forestais quedan prohibidas a partir deste mércores

A Consellería tomou esta decisión despois de avaliar condiciones meteorolóxicas, previsións e situación do Índice de risco diario de incendio forestal (Irdi). 


|

Queimaagricola


A Consellería do Medio Rural informou de que a partir deste mércores quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia.


Nun comunicado, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez explicou que esta decisión implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez desde o momento de prohibición.


A Consellería tomou esta decisión despois de avaliar as actuais condicións meteorolóxicas e as súas previsións, así como a situación do Índice de risco diario de incendio forestal (Irdi).


O Executivo autonómico pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este mércores non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola nin forestal.


Ademais, lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE