A coordinadora nacional de EU elixe por unanimidade a súa executiva

Un total de once caras vellas e novas conforman o órgano executivo, elixido pola coordinadora nacional do partido. 


|

Euejecutivaevasolla


"Queriamos que varias das persoas que formaban parte do órgano executivo anterior tivesen continuidade pola súa experiencia", explica Eva Solla


A coordinadora nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas, elixiu por unanimidade o seu órgano executivo, que comezará a traballar na próxima semana.


"Queriamos que varias das persoas que formaban parte do órgano executivo anterior tivesen continuidade pola súa experiencia, tales como Rubén Pérez, responsable de Organización e Finanzas; Graciela Vermello, responsable de Área Interna; e José María Tubío, responsable tamén en Finanzas, así como os exdiputados de AGE Ramón Vázquez, responsable de Acción Política; e Xabier Ron, responsable de Formación, nomeados polo recoñecemento do seu labor político destes anos", subliñou a recentemente elixida coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla.


Doutra banda, continuou a tamén deputada de En Marea no Parlamento galego, quíxose dar paso a outras persoas para "facer eco" da renovación impulsada por Esquerda Unida. "Temos responsabilidades no conflito social, asumidas por Guillermo Crego, e compañeiras e compañeiros que estarán no órgano como vogais, que son Jesús López, Raquel Bernárdez, Loreto Taibo e Miguel Castro", sinalou Eva Solla.


Deste xeito, a Executiva Nacional de Esquerda Unida suma, xunto con ela, un total de 11 persoas. "Agora, desde a nova executiva, imos continuar co traballo de rúa e dos movementos sociais con forza", asegurou.


A continuación, precisou que, debido á unanimidade coa que se expresou a Coordinadora nacional, Esquerda Unida sae deste proceso "reforzada, contenta e disposta a continuar este traballo e afrontar os novos retos con ilusión".


MUNICIPAIS


Sobre as eleccións municipais, precisou que Esquerda Unida aínda non tivo ocasión de decidir como vai concorrer a esta cita coas urnas, pois a executiva acábase de conformar este sábado e non é algo, subliñou, que se poida decidir "nun día".


"O que a organización ten que facer é seguir participando en todas esas mareas municipais, como fixemos ata agora, e será o propio traballo o que defina como se vai a articular; tamén con respecto á propia autonomía que teñen os entes das propias mareas municipais nos que, evidentemente, non só está Esquerda Unida", sinalou Eva Solla.

relacionada Eva Solla lidera a única lista que concorre á asemblea nacional de Esquerda Unida
relacionada Solla pide recuperar o "xerme" de En Marea e alerta de que "falta debate político"
relacionada Yolanda Díaz anuncia que deixará a coordinación de Esquerda Unida en xuño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE