Eva Solla lidera a única lista que concorre á asemblea nacional de Esquerda Unida
Yolanda Díaz abandonará o cargo que ocupa desde o ano 2005 tras esgotar o límite de mandatos establecidos nos estatutos da formación.
Yolanda Díaz (esq) e Eva Solla (dch) nunha foto de arquivo // EP
A deputada de En Marea Eva Solla lidera a única lista que concorrerá á XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, que se celebrará o 3 de xuño en Santiago de Compostela e que abordará o papel desempeñado ata o momento polo partido no proceso de unidade popular.
Deste xeito, previsiblemente Eva Solla sucederá á deputada de En Marea nas Cortes españolas Yolanda Díaz como coordinadora nacional de Esquerda Unida.
De feito, Yolanda Díaz abandonará o cargo que ocupa desde o ano 2005 tras esgotar o límite de mandatos establecidos nos estatutos da formación.
Escribe o teu comentario