Ferido un mozo de 15 anos ao caer dun tractor en Salvaterra de Miño
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao menor ferido o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.
Un mozo duns 15 anos resultou ferido ao caer dun tractor no que viaxaba na mañá deste luns no termo municipal de Salvaterra de Miño (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, no momento de producirse o accidente, sobre as 10,30 horas, o vehículo circulaba pola estrada que une Puzo e Corzames, en Soutolobre, á altura do municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.
Foi un particular o que indicou ao CAE 112 Galicia que acababa de ter un accidente co tractor e un mozo caera do vehículo.
Por iso, o Centro de Atención ás Emerxencias puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Baixo Miño e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, solicitou a colaboración de axentes da Policía Local.
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao menor ferido o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Escribe o teu comentario