A 'vella' Pescanova cae un 95,4% no seu regreso á Bolsa

As accións da compañía experimentaron un agudo descenso este mércores tras estar máis de catro anos sen cotizar, ata chegar a un valor de 0,27 euros por acción


|

Bolsamercados


Os títulos da 'vella' Pescanova esborralláronse un 95,45% no seu regreso á Bolsa este mércores tras estar máis de catro anos sen cotizar, ata intercambiase a un prezo de 0,27 euros por acción.


En concreto, a 'antiga' Pescanova, que abriu a 0,6 euros por título, vía como pasados uns minutos da apertura, ás 9.14 horas, as súas accións sumaban un descenso do 93,91%, marcando unha cotización de 0,36 euros, que continuou ao longo de toda a xornada bolsista para acabar pechando cunha caída superior ao 95%.


A firma regresou ao Mercado Continuo despois de que a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) decididira levantar a suspensión cautelar, acordada o pasado 12 de marzo de 2013, tras detectarse discrepancias entre a súa contabilidade e as cifras de débeda bancaria que podían ser "significativas".


"Aínda que o prezo de cotización das accións pode estar sometido a unha elevada volatilidade ao estar suspendidas de negociación durante máis de catro anos e dadas as circunstancias nas que se atopa a sociedade, non resulta oportuno prolongar adicionalmente a suspensión", sinalaba a CNMV.


Desta forma, a firma, que conta co 1,6% de Nova Pescanova, está valorada tras o seu regreso ao parqué este mércores en 7,7 millóns de euros.

relacionada A 'vella' Pescanova volve a Bolsa este mércores tras máis de catro anos suspendida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE