O 'si' gaña no referendo de Silleda por unha marxe mínima

O 48,5% dos votos avalaron o cambio de localización do Consistorio, fronte ao 46% que votaron en contra.


|

ReferendumsilledaImaxe da xornada de votación. //Foto: Concello de Silleda


Silleda agrupará finalmente as instalacións municipais nas dependencias da Casa da Cultura. Este domingo, o concello pontevedrés acolleu un referendo impulsado polo goberno local, dirixido polo socialista Manuel Cuíña, para unificar nun mesmo espazo os espazos agora repartidos en tres lugares diferentes da localidade.


Finalmente, o 'si' impúxose cun 48,5% dos votos, fronte ao 46% dos votantes que se decantaron polo non. A participación quedou nun 27,47% do censo, ao emitirse un total de 2.179 votos. Así mesmo, houbo 88 votos en branco, o 4%, e 31 nulos.


A pesar da marxe tan estreita, o 'si' gañou en 11 das 13 mesas electorais que se puxeron a disposición dos silledenses.


Ao remate da xornada electoral, Manuel Cuiña, acompañado polo grupo de goberno agradeceu, tal e como informa o Concello, "a todos os veciños e veciñas" a súa participación nesta consulta "nunha xornada na que fixemos historia e que se celebrou dunha forma exemplar". "Hoxe gañou a democracia e todos os veciños e veciñas que así o quixeron tiveron a oportunidade de decidir sobre o futuro da Casa Consistorial", manifestou.


Con este resultado, o alcalde indicou que o grupo de goberno empezará a buscar financiamento a través doutras Administracións e a encargar a redacción do proxecto "para que Silleda teña unha Casa Consistorial máis moderna, ampla e accesible para todos".

relacionada Silleda celebra este domingo un referendo con pouca polémica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE