A Policía Local de Lugo auxilia unha muller cuxa parella tentou afogala

Cando chegaron ao lugar dos feitos o home estaba "moi nervioso" e a muller tivera que "pecharse nunha habitación da casa". 


|

Policialocal


A Policía Local de Lugo auxiliou unha muller que manifestou que a súa parella tentara afogala aprentándolle o pescozo, polo que tivo que pecharse nunha habitación da casa.


Segundo informou a Policía Local, ás 17,40 horas do domingo recibiuse un aviso na Sala do 092 de que unha persoa veciña do inmoble situado no número 4 de Rúa Padre Sarmiento comunicou que a súa veciña do número 6 lle pedira que chamase á policía xa que tiña problemas coa súa parella.


Unha vez no lugar observaron un home "moi nervioso", segundo apuntaron as mesmas fontes policiais, que presentaba feridas. A súa parella manifestou que "tentara afogala apertándolle fortemente o pescozo tendo que pecharse nunha habitación da casa", segundo sinala a Policía Local.


Os indicáronlle os pasos para seguir, "manifestando a súa intención de denuncialo", segundo indica a Policía Local. A muller non quixo asistencia médica e o home foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para recibir asistencia.

relacionada 30 mulleres aprenden defensa persoal como protección ante o machismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE