Preto de 50 praias forman parte da rede galega de areais sen fume

Sanidade quere conseguir que todas as praias do litoral galego estean libres de tabaco nos próximos anos. 


|

Praiassenfume


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregou ao alcalde de Baiona (Pontevedra), Anxo Rodal, o seu sucesor á fronte do Consistorio da localidade pontevedresa, o galardón na categoría de ouro da iniciativa 'Praias sen fume' da Consellería de Sanidade, por declarar sen fume todas as praias da localidade.


O conselleiro destacou que a Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 46 praias de 27 concellos, polo que a poboación destes lugares poderá elixir gozar do seu tempo de lecer lonxe do fume do tabaco.


"Conseguir que nos próximos anos todas as praias do noso litoral formen parte da rede é un reto que só alcanzaremos coa implicación de toda a cidadanía galega", subliñou Almuiña.


Ao tempo, destacou que a rede naceu con un fin educativo e de sensibilización social, e recalcou a importancia da conduta cos adultos ante os máis pequenos, como figuras modelo que son.


Segundo recalcou, un "claro posicionamento negativo" ante o tabaco fará que moitos mozos "non empecen a fumar", xa que a imitación da conduta dos adultos forma parte dos factores causales do inicio.


"Que a mocidade saiba que o normal é non fumar é un dos obxectivos da rede. Ampliar a delimitación do consumo ás praias, ámbito que non recolle a normativa actual, fainos avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, converténdose esta contorna da praia en educativa e preventiva", destacou.

relacionada Galicia perde 10 'Bandeiras azuis' e continúa segunda no 'ránking' español

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE