O BNG reproba a actitude "carroñeira" do PP co desaloxo do Escarnio e Maldizer

En Marea acusa a Feijóo de "sectarismo" con alcaldes que non son da súa cor política en relación a que Noriega non fose informado do desaloxo


|

Policiasantiagookupacion


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este xoves ao PP que non "estea en actitude tan carroñeira" e deixe de facer "partidismo" en referencia ás declaracións de diversos voceiros 'populares' en relación ao desaloxo o pasado martes dun edificio okupado no casco antigo de Santiago.


Tras un acto político en Ourense, Pontón subscribiu "ao 100% "a postura do BNG no concello de Santiago, cuxo representante cualificou como "desproporcionada" a intervención policial do pasado martes que se saldou cun mozo detido e seis axentes con lesións de diversa consideración tras varios enfrontamentos polas rúas da cidade.


Pontón reprobou as críticas vertidas por representantes do Partido Popular ás declaracións do alcalde Martiño Noriega criticando que non se informou ao Concello sobre o dispositivo policial.


"Non pode ser que o PP estea nunha actitude tan carroñeira como está a ter neste tema", dixo a portavoz nacional do BNG. Ao seu xuízo, os populares' "queren facer partidismo" con este debate e "seguir cunha campaña de acoso e derribo".


SECTARISMO CONTRA NORIEGA


O portavoz de En Marea, Luís Villares, acusou este xoves ao PP de "trato discriminatorio e sectario" con alcaldes que non son da súa cor política.


Como exemplo, citou a actuación no desaloxo de okupas de Santiago, ao ser preguntado polas manifestacións do rexedor, Martiño Noriega, nas que asegurou que non se lle informou sobre o desaloxo dun edificio okupado na Algalia de Arriba.


Respecto deste caso, Villares xustificou a apertura dun expediente para multar aos propietarios "por incumprir a normativa urbanística e por non respectar as normas nun centro histórico". Con todo, foi mais alá e puxo este caso como exemplo da política "sectaria" do PP con municipios onde non goberna.

relacionada Un detido e cargas policiais nunha protesta polo peche dun local okupa en Santiago
relacionada Compostela Aberta rexeita o desaloxo dun centro social 'okupado' en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE