Médicos interinos piden "a máxima pena" para o acusado de agredir a un doutor en Fene

Está previsto que este martes se celebre un xuízo rápido en Ferrol no que o presunto agresor enfróntase a penas de cárcere de entre un e catro anos. 


|

Medicopacienteconsulta


Un home será xulgado este martes por agredir fisicamente a un médico do centro de saúde de Fene (A Coruña) o pasado martes 23 de maio. Trátase de un individuo reincidente e coñecido nese centro sanitario por altercados anteriores con facultativos.


Segundo denunciou a Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig), "o agredido ante o cariz que tomaron os feitos mesmo chegou a temer pola súa vida". Posteriormente, cursou a correspondente denuncia ante a Garda Civil.


Agora, está previsto que se celebre este martes, 30 de maio, un xuízo rápido nos xulgados de Ferrol, no que o presunto agresor se enfronta a unha pena dun a catro anos de cárcere, xa que, segundo a última reforma do Código penal, este tipo de agresións considéranse atentado á autoridade.


Por parte da Asociación de Médicos Interinos de Galicia, ínstase o xuíz a que se aplique ao presunto agresor "a máxima pena posible e que se decrete o seu ingreso inmediato en prisión", co fin de que se dite "unha sentenza disuasoria para desmotivar a futuros agresores".


Ademais, esta asociación reclama "a organizacións sindicais e colexios médicos que mobilicen aos seus recursos para lanzar unha campaña contra a violencia na sanidade".


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia anunciou que solicitará ao Sergas, a través dun escrito, que "se estude a posibilidade de retirar a cobertura sanitaria de forma temporal aos agresores que sexan condenados con penas de cárcere" e que "quedarían fóra do sistema sanitario temporalmente e unicamente terían acceso á prescrición farmacéutica imprescindible e aos servizos de urxencias básicos".


OUTRO CASO EN CARIÑO


Este novo caso súmase a outro acontecido a principios de maio no municipio de Cariño (A Coruña), na comarca do Ortegal, onde o Sergas reforzou as medidas de seguridade no centro de saúde deste municipio tras denunciar o persoal as ameazas recibidas por un residente da zona.


Segundo os datos do Observatorio da Violencia Laboral do Sergas, en 2016 o número de episodios violentos nos centros da Comunidade galega foi de 226, todos eles de carácter leve, dos cales o 64% foron de carácter verbal ou xestual e o 36% restante de carácter físico.


Polo tipo de feitos desencadeantes, o primeiro lugar ocúpano os trámites administrativos, cun 21% dos casos, seguido en segundo lugar pola información recibida, cun 17%.

relacionada O Colexio de Médicos coruñés pide medidas "contundentes" para evitar agresións a profesionais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE