Falece unha moza en Vilalba atropelada mentres montaba dacabalo

O vehículo embestiulles a medianoite nunha estrada secundaria. Un dos ocupantes tivo que ser excarcerado.


|

Caballojinete


Unha muller faleceu na noite do sábado en Vilalba logo de ser alcanzada por un turismo mentres montaba dacabalo, que tamén morreu, segundo informou o CIAE 112 Galicia.


O sinistro produciuse ao redor das medianoite deste sábado na estrada de Lanzós, a LUP-6502, á altura do quilómetro tres. Os dous ocupantes do vehículo resultaron feridos leves, aínda que un deles tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencia.


Tras ser alertados por Urxencias Sanitarias 061, o persoal do CIAE 112 puxo o incidente en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron ao momento cun equipo de excarceración.


Tamén foron alertados Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico. Os efectivos de emerxencia procederon á limpeza da vía e á retirada do cadáver do cabalo.

relacionada Morre un home en Vilalba tras ser golpeado por unha árbore
relacionada Ferida unha muller tras chocar o seu vehículo cun cabalo en Pol
relacionada Dous cabalos causan senllos accidentes na mesma estrada e á mesma hora

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE