O alcalde de Ferrol pon un 7 ao traballo do executivo local tras dous anos de goberno

Critica o "mantra falseado" de que activismo e xestión non van da man | Entre os seus logros destaca os fondos europeos DUSI. 


|

Jorgesuarezalcaldeferrol


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), realizou balance dos case dous anos á fronte da Alcaldía da cidade departamental, un período de traballo que cualificaría cun "un sete" e que define como "un goberno activista, pero que tamén sabe xestionar".


Así, criticou "ese mantra falseado" de que "era un activista e non un xestor". "Non entendo o Concello como o consello de administración dunha multinacional e así quedou demostrado, que somos xestores de organismos públicos e que a interrelación coas entidades veciñais, sociais, culturais e deportivas, a pesar de non ser fáciles, día a día vanse mellorando".


Suárez garantiu que seguen "coa mesma ilusión que ao principio", cun programa electoral que cumprir e "convencidos que o contacto directo coa xente" avala o seu traballo. "O trato diario cos cidadáns é amable, do mesmo xeito que cos funcionarios que é máis que fluído e mesmo amigable, a pesar das diferenzas que poida haber na xunta de persoal".


Tamén se referiu "ao aspecto mediático", onde recoñeceu "diferenzas e dificultades con algún medio", aínda que tamén un trato "amigable". "Aínda que non comparta as liñas editoriais, xa que non vou interferir nunca na liberdade de prensa, a pesar da calidade estraña dalgunhas das preguntas que se me fan", sinalou.


"Non entendo o Concello como o consello de administración dunha multinacional e así quedou demostrado"


A pesar diso, trasladou o seu "orgullo do traballo de cada un dos concelleiros, tanto dos de Ferrol en Común como das non adscritas", dado que "todos están a entregarse ao máximo nunha situación de extrema dificultade", en referencia á "pinza PP - Beatriz Sestayo" que lles arrebatou " dedicacións, con políticas de bloqueo constante".


O rexedor destacou, entre os logros, os 8 millóns de euros para a cidade de Ferrol, grazas aos 7,5 millóns dos fondos europeos DUSI e máis de medio millón dos fondos do Espazo Atlántico, mentres que no apartado da "auto-critica" referiuse á elaboración dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) que leva pendente desde o ano 2000.

"Todos se están entregando ao máximo nunha situación de extrema dificultade" 


"Unha nota en conxunto dun sete, ante as adversidades e dificultades, creo que logramos cousas importantes para a cidade e estou seguro de que ao final de mandato esa nota vai ser dun dez", considerou.


BARRIO DE RECIMIL


Doutra banda, o alcalde de Ferrol asegurou que o seu goberno ten previsto activar "un plan multidisciplinar" no barrio de Recimil, coa valoración "dos diferentes ámbitos nos que se debe de actuar no mesmo, sen descartar ningunha proposta, como a posibilidade da venda destes inmobles", que son de propiedade municipal.


Suárez incidiu en que o executivo local ten previsto materializar "o arranxo de cubertas, fachadas e eficiencia enerxética", considerando que se trata "da oportunidade para que este barrio rexurda".

relacionada O alcalde de Ferrol insta a En Marea a "definir" cara a "onde quere camiñar"
relacionada Veciños do ferrolán barrio de Recimil sofren "agresións" e están "atemorizados"
relacionada Jorge Suárez: "Canto máis nos golpeen, máis reforzados estamos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE