Tres feridos en Vigo ao caer de golpe os brazos dunha atracción de feira
A causa parece ser unha baixada de tensión que fixo que o 'Saltamontes' descendera máis rápido do normal.
// Youtube
Tres persoas resultaron feridas a pasada noite ao caer de golpe os brazos dunha atracción de feira instalada durante a festa da mocidade de Balaídos.
A causa parece ser unha baixada de tensión que fixo que os brazos do 'Saltamontes' descendesen máis rápido do normal.
A Policía acudiuse no lugar dos feitos tras recibir un chamada pero os feridos xa se foran polo seu propio pé ao Hospital Xeral. Trátase de dous mozos de 24 e 25 anos e un septuaxenario, que foron atendidos e xa recibiron a alta médica.
Segundo informan varios medios, os axentes encargáronse de revisar tanto a documentación como las medidas de seguridade e constataron que todo estaba en regra.
Escribe o teu comentario