Aberto o prazo para solicitar axudas á compra de libros e material escolar

|

Debereslibroscolegiolibreta


A Consellería de Educación abre este martes, 23 de maio, o prazo --ata o 23 de xuño-- para solicitar axudas á compra de libros e material escolar, así como para acceder ao Fondo Solidario de Libros de Texto, destinados a alumnos de Primaria, ESO e Educación Especial para o curso 2017/2018.


O importe de Educación para o financiamento de axudas é de 12,4 millóns de euros: con 5,5 millóns para vales de material escolar; 4,6 millóns para libros de texto e 2,14 millóns para a adquisición por parte dos centros educativos de libros de texto complementarios aos existentes no fondo solidario, co fin de garantir a dispoñibilidade do alumnado cuxo nivel de renda lle dea dereito.


As solicitudes poderán presentarse de forma especial nos propios centros docentes onde estea matriculado o alumno (con carácter preferente) ou nos rexistros oficiais establecidos para tal fin, co formulario cuberto e a documentación requirida.


No tocante ás axudas para a compra de libros, o alumnado de 1º e 2º de Primaria recibirá axudas de 170 euros con renda per cápita familiar ata 5.400 euros, mentres que serán 90 euros se a renda é entre 5.400 e 9.000 euros. Pola súa banda, haberá 250 euros para alumnos de Educación Especial con independencia da renda per cápita.


Pola súa banda, as axudas para material escolar son de 50 euros. Poden optar os alumnos de Primaria e ESO cuxo limiar de renda per cápita sexa ata 5.400 euros.


CURSO 2016-2017


A Xunta informa de que no curso 2016-2017 concedéronse un total de 52.608 axudas para a adquisición de libros de texto e 98.816 subvencións para a adquisición de material escolar.


Ademais, o fondo solidario de libros distribuíu un total de 465.629 manuais, dos que foi necesario adquirir o 13,73 por cento, apunta Educación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress