O TC anula o pago da plusvalía en vendas de vivendas con perdas
O alto tribunal considera que o imposto sobre as plusvalías municipais vulnera o principio constitucional de capacidade económica.
O Tribunal Constitucional declarou inconstitucional e anulou parcialmente o pago do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, coñecido como plusvalía, nas vendas de vivendas con perdas.
O alto tribunal considerou que o imposto sobre as plusvalías municipais vulnera o principio constitucional de capacidade económica na medida en que non se vincula necesariamente á existencia dun incremento real do valor do ben, "senón á mera titularidade do terreo durante un período de tempo" computable entre un (mínimo) e vinte anos (máximo).
Por iso, segundo a sentenza do Constitucional, ata agora o só feito de ser titular dun terreo de natureza urbana durante un determinado período temporal implica necesariamente o pago do imposto, mesmo cando non se produciu un incremento do valor do ben ou, máis aló, cando se produciu un decremento do mesmo.
Esta circunstancia, segundo o tribunal, impide ao cidadán cumprir coa súa obrigación de contribuír "de acordo coa súa capacidade económica".
Escribe o teu comentario