A bombona de butano volve subir desde este martes

|

Gasbutanococina


O prezo máximo da bombona de butano unha vez incluídos os impostos experimentará este martes unha nova subida do 5%, ata 14,18 euros, e acumulará incrementos do 26% desde xullo do ano pasado, indicaron a Europa Press en fontes do sector.


As fontes explican que a subida, provocada por aspectos coma o encarecemento da materia prima, é a máxima permitida polo actual sistema de revisión de prezos e non será suficiente para cubrir todos os custos de comercialización dos operadores.


De feito, seguirá existindo un déficit de ingresos que se terá en conta á hora de revisar os prezos nos seguintes bimestres. Xa na revisión anterior, o aumento de custos obrigaría a incrementar moito máis o prezo, un 14%, ata 14,74 euros, de non existir topes para a revisións.


Coa nova subida, o butano acumula cinco revisións bimestrales á alza con respecto ao nivel fixado polo Goberno en xullo de 2016, de 11,25 euros. Ese mes, a bombona tocou chan tras unhas secuencia de caídas que a abarataban un 35% desde os niveis de 2015.


A pesar das novas subidas, o butano atópase aínda un 19% por baixo dos 17,5 euros rexistrados ata marzo de 2015. A diferenza con respecto a aquel máximo é de máis de 3 euros.

relacionada Sobe este martes a bombona de butano ata os 13,52 euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress