O Goberno reitera o seu 'non' rotundo ao traspaso da AP-9 a Galicia
A petición unánime dos partidos galegos recibe a mesma resposta, un ofrecemento de "diálogo" nas decisións sobre a arteria galega.
O Goberno reiterou que a AP-9, que comunica as cidade galegas de Ferrol e Tui, é unha autoestrada "de interese xeral do Estado" polo que afirmou que o Estado manterá a titularidade da vía, a pesar da petición unánime do Parlamento galego para que traspasase a titularidade ás institucións autonómicas.
Así o expresou o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, quen, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, descartou ese traspaso e apuntou a que o Executivo está "aberto" a crear un grupo de traballo para compartir co Goberno galego as decisións relativas á autoestrada.
A pesar de sinalar unha "vía de dialogo e de colaboración" entre o Goberno central e o autonómico, o ministro defendeu que a titularidade "ten que estar onde está" na actualidade.
Escribe o teu comentario