A denuncia contra Iberdrola por inflar o prezo da luz inclúe centrais galegas

Segundo Anticorrupción, a eléctrica obtivo presuntamente de forma ilícita ata 20 millóns coincidindo cunha onda de frío en 2013.


|

Iberdrola


A Audiencia Nacional ordenou á Garda Civil practicar o mércores entradas e rexistros nas sedes de Iberdrola en Madrid e Bilbao despois de admitir unha denuncia da Fiscalía Anticorrupción contra a compañía, indicaron a Europa Press en fontes xurídicas.


A investigación refírese a un presunto delito presuntamente cometido polos directivos ou empregados da empresa que adoptaron as decisións que levaron á "alza artificial do prezo da enerxía eléctrica no período transcorrido entre o 30 de novembro e o 23 de decembro de 2013". Coa manipulación, que afectaría a centrais que a eléctrica ten no río Sil, obtería "un lucro ilícito de 20 millóns".


A presunta manipulación, que a empresa nega, derivou nun escándalo que obrigou ao Goberno a cambiar todo o sistema de fixación de prezos da luz


Podes ampliar esta información en PressDigital.

relacionada Nadal aconsella "afacerse" ás subidas do prezo da luz

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE