O Dinoseto vigués, motivo de inspiración para o deseño de xoias

Máis de mil escolares participaron nun concurso infantil de debuxo que transformará en prata o mítico dinosauro vexetal.


|

Dinoseto


Máis dun milleiro de debuxos realizados por escolares ata os 12 anos presentáronse á segunda edición do concurso infantil 'Dinoseto Xoia', que organiza a Escola Técnica de Xoiería do Atlántico en colaboración coa Asociación de Xoiería, Reloxería e Pratería de Pontevedra, coa intención de que os alumnos deseñen xoias inspiradas no popular Dinoseto vigués.


Así, o obxectivo do certame é o de fomentar a creatividade e o desenvolvemento de actividades culturais entre os nenos de infantil e primaria dos colexios da provincia, que mostraron a través dos seus debuxos a súa particular visión do Dinoseto.


O xurado reuniuse na tarde do venres para seleccionar os finalistas e gañadores do concurso, cuxos premios consistirán nunha réplica realizada en prata dos debuxos escolares. Os seus nomes revelaranse durante a entrega de diplomas e xoias, o próximo 16 de maio.


Unha porcentaxe "moi elevada" de participantes no concurso foron alumnos de centros escolares vigueses, aínda que tamén houbo representación doutros colexios e institutos da provincia, como Bueu, Ponteareas, Mondariz ou Baiona.


Os escolares fixeron as súas propostas para a realización de colares, colgantes, chaveiros, pendentes, pulseiras e aneis co Dinoseto como inspiración e os integrantes do xurado tiveron en conta para tomar a súa decisión a creatividade, a calidade do deseño e a adecuación do mesmo á temática proposta


Finalmente, elixíronse preto dun cento de finalistas e, de aí, seleccionouse os doce gañadores do concurso, tres por cada unha das catro categorías.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE