A Garda Civil detecta en Ames denuncias de falsas estafas bancarias
Un xulgado de Santiago leva a instrución deste caso, iniciado por mor da investigación a unha muller de Milladoiro.
A Garda Civil de Milladoiro, no municipio de Ames, procedeu á investigación dunha muller, identificada como L.V.F, por un delito de estafa bancaria e outro de simulación de delito.
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos iniciáronse o pasado mes de febreiro cando unha muller denunciou ser vítima dunha estafa bancaria ao sufrir dous supostos cargos non autorizados na súa conta corrente.
Tras realizarse as investigacións oportunas, segundo relatan as mesmas fontes, resultou que a investigada formalizara un contrato vía Internet cunha páxina de loterías e apostas, pero non fora "nunca" vítima dunha infracción penal.
A Garda Civil de Milladoiro detectou máis casos similares na zona, segundo destacaron as mesmas fontes, que concretaron que as dilixencias instruídas neste caso foron remitidas ao xulgado de Instrución de garda de Santiago de Compostela.
Escribe o teu comentario