Auxilian en Vigo a unha nena de 10 anos que sufriu un ataque epiléptico en plena rúa

Outra patrulla da Policía Local auxiliou na tarde do martes a unha muller de idade avanzada que se atopaba desorientada en Gran Vía. 


|

Axentes da Policía Local de Vigo auxiliaron a unha nena de 10 anos que tivo que ser trasladada en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) tras sufrir un ataque epiléptico en plena rúa.


Segundo informou a Policía Local, sobre as 8,20 horas do martes unha patrulla escoitou que unha muller pedía auxilio na rúa Falperra, polo que se dirixiu ao lugar. Alí atopou a unha muller con dúas nenas, unha das cales estaba tendida no chan e sufría un ataque epiléptico.


Os axentes deron aviso a unha ambulancia medicalizada, que se acudiu momentos despois. Ao pouco, a menor, consciente e confundida, empezou a recuperarse e foi trasladada en ambulancia ao hospital para realizarlle probas.


A muller, nai das dúas nenas, acompañou ata o centro sanitario á que sufriu o ataque epiléptico; mentres que a outra foi levada polos axentes ao seu colexio, onde foi entregada á titora da súa clase.


Doutra banda, outra patrulla da Policía Local auxiliou na tarde do martes a unha muller de idade avanzada que se atopaba desorientada en Gran Vía. Ao identificala comprobaron onde vivía, polo que procederon a trasladala á vivenda, onde se fixo cargo dela unha veciña.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE